Anuncios
Ticker de novas

O CPA Gondomar fai historia cunha medalla de Bronce no Nacional que sabe a Ouro

Este fin de semana celebrouse no Pavillón de Barris de Nord (Lleida) o Campionato de España de Grupos-Show Grandes e Pequenos. Ata alí viaxou o Club Patinaxe Artístico Gondomar en grupos pequenos co seu programa “Alma Torera”.

Partindo como campioas galegas e en liza cos mellores grupos do panorama Nacional, conseguiron por primeira vez na historia galega desta modalidade subirse ao podio cunha medalla de bronce que sabe a Ouro. Este posto permitiralles participar no Campionato de Europa e por primeira vez nun Mundial que se celebrará en Shangai.

As patinadoras capitaneadas por David Figueroa plasmaron en pista un programa de alto nivel técnico patinado cunha elegancia e enerxía que lle fixeron merecedores da medalla de Bronce facendo vibrar a propios e estraños pola calidade deste programa que merece ser coñecido internacionalmente e que seguros estamos dará moito que falar nas súas próximas citas.

Un deleite técnico e artístico que fixo vibrar a todo o pavillón de Barris de Nord. O CPA Gondomar xunto ao seu adestrador David Figueroa Pérez escribe unha páxina da patinaxe galega conseguindo non só subíndose ao caixón de Bronce dun nacional por primeira vez senón tamén coa súa participación nun mundial.

Desde o club mostran a súa enorme satisfacción e alegría que son o broche de ouro a unha tempada baseada no traballo que acaba de empezar e da que se preveen grandes alegrías.

Anuncios