Anuncios
Ticker de novas

Volve a liga galega de xadrez para o Club Laroca

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Este sábado volve a liga galega de xadrez despois da suspensión do pasado fin de semana por mor da celebración en Viveiro dos campionatos galegos de xadrez nas categorías de sub10, sub 14 e sub18, onde o Laroca conseguiu uns magníficos resultados.

Na primeira división o equipo do Laroca A defenderá en Nigrán o seu quinto posto ante o equipo da EXP Universidade de Vigo, que ocupa o sétimo posto distanciados soamente por 1.5 puntos, polo que espérase un duro enfrontamento.

Na segunda división os equipos laroqueiros intentarán aproveitar esta xornada para afastarse das prazas de descenso que ocupan os seus rivais; o Laroca B, que con 6 puntos ocupa a novena praza, desprazarase a Pontevedra para enfrontarse ao EXP Zona Informática, que ocupa a derradeira posición con 4.5 puntos, namentres o equipo do Laroca C instalado no cómodo quinto posto con 8.5 puntos, xogará no local de Mallón contra o equipo de Salceda de Caselas Xadrez Altamira, que ocupa a penúltima posición con 5.5 puntos.

Na terceira división o equipo do Mallón Laroca desprazarase a Mos para enfrontarse ao equipo de Mos C, que ocupa a terceira praza con 10.5 puntos a tan só 0.5 puntos dos laroqueiros, que ocupan a cuarta posición con 10 puntos. O outro representante na terceira división, o IES Auga da Laxe Laroca, desprazarase a Vigo, onde defenderá o liderado ante o potente equipo da Once.

Anuncios