Anuncios
Ticker de novas

Feijóo apela ao espírito da Arribada para seguir abrindo as portas de Galicia ao futuro

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe ao espírito da Arribada para seguir abrindo as portas de Galicia ao futuro: ao crecemento, á innovación e ao progreso.

Durante o acto conmemorativo da chegada da carabela Pinta ao porto de Baiona, Feijóo afirmou que a Galicia que vivimos hoxe está chea de arribadas con distintas formas -económicas, culturais, sociais- e de baionas que lles abren as portas, para dar a benvida a todo aquel que queira participar na aventura colectiva que é Galicia.

Nesta liña, recordou que lonxe de sentir temor ante a nova dun novo mundo, os antigos poboadores de Baiona pensaron na oportunidade que se abría para un mundo mellor, no que o vello e o novo puidesen favorecerse mutuamente.

O titular da Xunta concluíu destacando este acto como un exemplo de que a nosa Comunidade non é unha terra de muros senón de pontes e portos; unha Galicia aberta que conquistou a admiración dos pobos que a acolleron.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios