Recuperan a Asociación de Veciños “A Irmandade” de Priegue

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Manuel Fernández Fernández será o presidente da nova Xunta Directiva da Asociación de Veciños “A Irmandade” de Priegue tras ser elixido na Asemblea celebrada o pasado día 18 de decembro no Auditorio do Centro Cultural “O Torreiro”.

Os obxectivos da nova Xunta Directiva serán o relanzamento da Asociación de Veciños no seu funcionamento, a defensa dos intereses xerais da veciñanza de Priegue, como poden ser os servizos públicos, alumeado, limpeza de camiños, etc., sen ter en conta afiliacións partidarias, e o coidado especial do estado da praia das Canas.

Entre as actividades previstas están a revisión do inventario de camiños públicos na parroquia de Priegue e a captación de novos socios.

A nova Xunta Directiva realizou o día 20 de febreiro a súa presentación ao Concello de Nigrán, cunha entrevista co Alcalde, Juan A. González.

A Xunta Directiva reunirase os segundos domingos de cada mes, data na que se recibirá tamén á veciñanza que desexe expresar as súas opinións e suxestións. O lugar das reunións será o local da antiga Escola de Priegue unha vez remodelada polo Concello para uso comunitario. Mentres, terán lugar no CRC O Torreiro de Priegue.

Para unha mellor comunicación utilizaranse as redes sociais de Internet e o correo electrónico asvirmandadepriegue@hotmail.com.