Sin categoría

Jake Miller e a cúpula técnica da FIM visitan o escenario da Copa das Nacións de Trial en Baiona

Jake Miller, director de Sport 7, empresa promotora oficial da Copa das Nacións de Trial, por concesión da FIM (Federación Internacional de Motociclismo) visitou esta mañá a vila de Baiona, nun encontro organizado pola Peña Moteros Val Miñor, organizadores da próxima cita intercontinental co mundo do motor.

Recibido polo seu Alcalde, Ángel Rodal, o británico estivo acompañado polo Manager da Copa, o tamén inglés Brian Higgins, nun percorrido polas zonas da competición, que se situarán ao redor do Parador de Turismo, e testificadas polo irlandés David Rodgers, Director de Competición da FIM; o luso Rui Castro, Administrador Principal da FIM; e Jorge Prat, Delegado da Real Federación de Motociclismo Española.

Das cuestións técnicas encargáronse os promotores da gran proba mundial, membros da Peña Moteros Val Miñor, entre os que se atopaban o seu presidente, José Durán; e os técnicos Nano Ferro e José Goce. A concelleira de Turismo de Baiona, Beatriz González, actuou de tradutora e guía de luxo pola vila ante tan distinguida visita, como anfitrións da Copa das Nacións de Trial, que se celebrará os días 23 e 24 de setembro deste ano 2017.

Os representantes da Federación Internacional, así como da empresa promotora, non escatimaron en halagos á contorna paisaxística no que se vai a desenvolver a competición, así como tamén aos trazados das Zonas, que comprenden probas próximas ao mar e á montaña, por baixo da muralla do Parador Nacional de Turismo.

O Monte Real Club de Yates, foi outro dos escenarios visitados polo equipo organizador, do que encomiaron a súa posición e beleza e parte importante destacada no propio evento.

Tan só tres cidades españolas albergaron esta proba intercontinental desde que foi creada en 1984: Seva (Barcelona) ano 2.000; Córdoba, ano 2004; e Tarragona, ano 2015.

A competición desenvólvese por equipos, con tres representantes por equipo e categoría, dos que se esperan uns 150 de 30 nacionalidades diferentes.

VISITA DE JAKE MILLER A BAIONA
FOTO: JUAN CABALLERO