Anuncios
Ticker de novas

Gondomar organiza unha excursión á Costa Branca para maiores de 55 anos

FOTO: TURISMO DE CULLERA

A Concellería de Benestar Social do Concello de Gondomar dirixida por Rocío Cambra organiza unha excursión á “Costa Branca” para maiores de 55 anos de 7 días e 6 noites. Pódese reservar praza a partir do día 1 de marzo no Departamento de Benestar Social situado na Casa da Cultura de Gondomar, ou no teléfono 986 360 168.

A excursión, que se realizará do 22 ao 28 de maio, terá un prezo de 359 euros, e inclúe hotel de 4 estrelas en Praia Gandía, transporte en autocar gran turismo, réxime de pensión completa, guía acompañante, comidas en ruta os días de ida e de regreso e seguro de asistencia de viaxe.

Visitarase o centro histórico de Valencia, declarado Patrimonio da Humanidade, Javea, Denia, Cullera, Elxe, Gandía, Benidorm, Xátiva e o Parque Europa en Torrexón de Ardoz.

Anuncios