O Concello de Nigrán continúa mañá martes coa súa programación de entroido con desfile a cargo dos usuarios dos centros de día e residencias do Val Miñor no Auditorio Municipal dende as 11:00 horas. Pola tarde, entroido e concurso de disfraces infantil no local do CRC O Torreiro de Priegue dende as 18:00 horas. Ao día seguinte, mércores, espectáculo «A bailar!» ás 11:00 horas no Auditorio Municipal con xogos, maxia e música para os máis pequenos.
Entroido infantil en Priegue e dos centros de día no Auditorio Municipal

