Anuncios
Ticker de novas

O Centro Cultural de Camos celebra o Entroido

A Asociación A Camoesa organiza este sábado 25 de febreiro unha festa de entroido para adultos no Centro Cultural da parroquia. Será a partir das 22:30 horas con concurso de disfraces, sorteo e música cun DJ.

Festa para nenos

O luns 27 será a quenda dos máis pequenos. Desde as 17:00 ata as 21:00 horas haberá música, sorteos, concurso de disfraces, concurso de orellas de entroido e concurso de filloas (de 16:30 a 17:30 entrega de orellas e filloas).

Anuncios