Aberto o prazo para inscribirse na xeira nocturna do IEM polo mar de Panxón

FOTO: INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORÁNS // Unha das xeiras marítimas do IEM.

Está aberto o prazo para inscribirse na xeira nocturna “Polo mar de Panxón: unha volta ás Estelas”, que terá lugar o martes 13 de agosto e contará coa presenza e guía do especialista Xosé Lois Vilar Pedreira, que desde o día 1 ata o 13 de agosto escribirá unha serie de relatos co título “Micos e Bandullos”, que serán publicados día a día nas redes sociais e na páxina web do IEM. O punto de encontro será o Porto de Panxón ás 21:45 e o regreso ás 00:00 horas.

Para participar hai que reservar a praza antes do 12 de agosto chamando ao teléfono 986 36 05 75 dende as 10:00 ás 13:30 horas e posteriormente confirmar a praza enviando o xustificante de pago ao correo oficina@iem.gal no día posterior á reserva. O prezo por persoa é de 12 euros para os socios do IEM e 15 euros para os non socios. O número de conta é ES95 2080 5035 0730 4001 4164.

Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros/as.