
Postal Nº 7 das Series de L. Roisín titulada “Ría de Vigo – Panjón”. Esta fermosa tarxeta de Roisín recolle unha vista espectacular de Panxón desde o alto do monte do Castro, onde secaban a roupa ao sol. Encol da area da praia aínda non se levantava o paseo actual pero ocupábana as gamelas alí varadas, único medio de vida do que daquela só era unha aldea mariñeira.
En primeiro termo, onde hoxe está a panadería confitería Trento atopábase a casa dos Domínguez.
Series de L. Roisín
O fotógrafo Roisín realizou múltiples series do Val Miñor e mellor ou peor calidade. Aquí, neste apartado contemplamos polo menos oito series distintas, sendo a postal pertencente á serie máis antiga unha selada o 2 de setembro de 1931.
Este fotógrafo é o primeiro que sentiu unha especial predilección por Panxón e gracias a el podemos facernos unha idea perfecta de como era esta pequena aldea de pescadores antes do “boom” inmobiliario dos anos 70-80.
Publicado en “O Val Miñor na Tarxeta Postal” (1999) de Salvador Fernández de la Cigoña Fraga. Editado pola Deputación de Pontevedra.