Anuncios
Ticker de novas

Inscricións abertas para participar na II xornada práctica de enxertos en Chandebrito

Ante o éxito no número de inscricións da I xornada práctica de enxertos de Chandebrito, prevista para este sábado día 25 de febreiro de 2017, e que impartirá D. Jose Luis Alonso, a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 decidiu realizar unha nova convocatoria da xornada, a celebrar o vindeiro sábado día 11 de marzo en horario de 16:30 a 20:30 horas na escola infantil de Chandebrito.

O temario inclúe partes dunha árbore, que é un enxerto e para que serve, compatibilidade nos enxertos, tipos de enxertos, época máis axeitada para cada enxerto, recollida de pugas, ferramentas e materiais necesarios, coidados posteriores, prácticas con enxerto de puga e bases do enxerto de xema (avance teórico).

O número de participantes será de 5 como mínimo e 20 como máximo. O prazo de inscrición rematará ao cubrirse o cupo total, e, en todo caso, o 9 de marzo ás 00:00 horas. O custo por persoa, con todo o material incluído, é de 10 euros.

Para participar nesta actividade será preciso solicitalo por correo electrónico ao enderezo chandebrito1807@gmail.com indicando o nome e apelidos, NIF, número de teléfono de contacto, lugar de residencia e correo-e.

Anuncios