
Somos Nigrán denuncia as deficiencias do proxecto executado na Rúa Otero Pedrayo. Desde a Plataforma Cidadá critican as múltiples deficiencias na planificación desta vía que une as dúas principais estradas que cruzan o municipio. O ancho da estrada dificulta seriamente o paso de autobuses ou camións, a escaseza de aparcamentos respecto aos existentes antes da obra, e unhas beirarrúas de gran dimensión, que superan os 4 metros nunha zona na que non existe comercio, nin lugares de lecer, son as principais críticas que manifestan desde Somos Nigrán.
“Cabe resaltar que se están incumprindo as aliñacións contempladas nas Normas Subsidiarias de Planeamento Urbanístico Municipal e que nin tan sequera contemplouse a cesión de terreos nas partes do traxecto nas que non existen edificacións. A todo isto hai que sumar que o próximo mes de outubro finaliza o prazo de execución, e de non cumprirse este prazo o Concello de Nigrán terá que facer fronte ao pago íntegro da obra que supera o millón de euros, xa que perdería a subvención da Deputación”, advirten desde Somos Nigrán.