
A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios organiza este sábado 25 de febreiro unha Festa de Entroido amenizada polo grupo Los German’s no Centro Cultural da parroquia. A entrada será gratuíta para todos os asistentes (socios e non socios) e haberá premios para o mellor disfrace individual, parella e colectivo.
Festa infantil
O vindeiro mércores día 1 de marzo será a quenda dos máis pequenos, cunha festa infantil de entroido con animación. Será a partir das 17:00 horas tamén no Centro Cultural de Vincios.