Anuncios
Ticker de novas

Concurso de disfraces no Centro Cultural de Baredo

FOTO: CENTRO CULTURAL "A CELA" DE BAREDO

O Centro Cultural “A Cela” de Baredo celebra este sábado 25 de febreiro o Entroido cun concurso de disfraces para nenos e maiores a partir das 17:00 horas. O primeiro premio na categoría de adultos será unha cea para dúas persoas, o segundo un lote de entroido e o terceiro dous vales para o Talaso Atlántico. Na categoría infantil os premios consistirán en vales de merenda valorados en 20, 15 e 10 euros respectivamente. Tampouco faltará a animación musical a cargo do DJ Tenan Bastero e degustación de orellas, filloas e roscón.

Anuncios