
O próximo domingo 2 de xullo Gondomar celebrará na Praza da Alameda a Festa da Rosquilla, evento que se recupera despois de 11 anos a pesar de estar declarada festa gastronómica de interese cultural de Galicia.
Durante o evento, o Concello recuperará ademais o irmandamento co seu homólogo de Gondomar de Portugal, cunha recepción do Presidente da Cámara Municipal, Marco Martíns, que recibirá a insignia de ouro.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, será proclamada “Rosquilleira Maior”, e procederá á lectura do pregón que dará comezo á festa.
Ademais, haberá actividades programadas durante todo o día: concurso de rosquillas, PICNIC! no Parque da Coelleira, obradoiros para os máis pequenos e actuacións musicais.
A recepción das rosquillas para o concurso farase desde as 10:00 ata as 12:00 horas na carpa habilitada na Praza da Alameda. Cada participante deberá elaborar as rosquillas, que se presentarán ao xurado da maneira tradicional galega.
O xurado estará composto por tres persoas e a cata das rosquillas terá lugar ás 13:30 horas. Posteriormente a ela daranse a coñecer os gañadores en cada categoría.
Unha vez finalizada a cata das rosquillas realizarase unha poxa das mesmas entre os asistentes.
O concurso dividirase en dúas categorías: empresarios e particulares. O primeiro premio consistirá unha cea para dúas persoas con aloxamento e almorzo no Pazo da Escola (Gondomar), o segundo nun bono Relax&Gastro para dúas persoas no Balneario Talaso Atlántico (Oia) e o terceiro unha cea para dúas persoas na Xamonería Serrano (Nigrán). Tamén haberá un premio á orixinalidade, 50 euros en vales de compra para gastar nos comercios asociados de Gondomar.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
11:00 h
Recepción do Presidente da Cámara Municipal de Gondomar de Portugal Marco Martíns e da Presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva.
Irmandade coa Cámara Municipal Gondomar de Portugal
Banda da Agrupación musical de Vincios.
Lugar: Praza do ConcelloCartel FestaRosquillaFinal comprimido
Pasarrúas da Banda da Agrupación musical de Vincios.
Arranque da degustación da Festa.
Lugar: Praza da Alameda
12:00 h
Lectura do Pregón a cargo de Carmela Silva.
PRESENTACIÓN DA FESTA
Nomeamento Rosquilleira Maior 2017
Lugar: Praza da Alameda
12:30 h
Banda da Agrupación Musical de Vincios.
Grupo de gaitas Aires de Santes.
Actuación folclórica a cargo da Cámara Municipal de Gondomar.
Lugar: Praza da Alameda
13:30 h
Entrega de premios ós gañadores do Concurso da rosquilla.
Subasta das rosquillas gañadoras.
Lugar: Praza da Alameda
14:00 h
PICNIC
Lugar: Parque da Coelleira
16:00 h
Talleres a cargo de Matrácala para os máis cativos.
Lugar: Parque da Coelleira
17:00 h
Actuación de Ameva Duo.
Lugar: Parque da Coelleira
18:00 h
Batucada a cargo de Bloquinho Aperta.
Lugar: Parque da Coelleira