Anuncios
Ticker de novas

Aceba celebra este sábado a Gran Cea Medieval da Arribada

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba) organiza un ano máis a Gran Cea Medieval. Trátase dun acto de confraternización, que ademais serve de preámbulo aos actos da Festa da Arribada, que este ano se celebra os días 3, 4 e 5 de marzo.

A velada terá lugar este sábado 25 de febreiro no Parador de Baiona a partir das 22:00 horas. Como é habitual entregarase un recoñecemento a diversos asociados, haberá música, animación, sorteo de agasallos…

Durante a representación teatral, a cargo de Non Si? Teatro, actuarán tamén o grupo de gaitas A Seneira, a Escola de Danza Vila de Baiona e as Pandereteiras de Monteboi. DJ Tribu será o encargado de amenizar a festa posterior.

Anuncios