Anuncios
Ticker de novas

Palacio de Monte Real

Postal da Serie de “La Erizana” titulada “Bayona (Galicia) – Palacio de Monte Real”. Era o magnífico palacio do Sr. Bedriñana, natural de Asturias. Hoxe, pouco queda del: só catro pedras abandonadas sen misericordia onda a tamén derruída Casa de Pedro Madruga. O seu terreo ocupárono co Parador Nacional “Conde de Gondomar” que como vestixio deste rexio edificio só conserva o escudo e maila bóveda da capela do palacio, pola que hoxe sobe a escaleira de pedra do parador.

Serie de “La Erizana”. Fototipia de Hauser y Menet

Esta serie, probablemente realizada por un establecemento comercial, fíxose na fototipia de Hauser y Menet de Madrid. O impresor utilizou na serie placas da súa serie xeral. Por descoñecer o número de postais non podemos saber cantas hai da serie xeral, pero seguro que as da serie “La Erizana”, tituladas: Monumento da Santísima Trindade, Castelo de Monte Real e Balneario e Chalés Inmediatos, pertencen á citada anteriormente.

Publicado en “O Val Miñor na Tarxeta Postal” (1999) de Salvador Fernández de la Cigoña Fraga. Editado pola Deputación de Pontevedra.

Anuncios