Bayona – Puente Viejo

Postal da Serie Grafos co título “Bayona – Puente Viejo”. Constatámola existencia da mesma postal co nome “Ramallosa – Puente Viejo”. Esta última tarxeta recóllea a revista “Foro del Nigrán Miñor”. Nesta vista podemos apreciar en primeiro termo a mal chamada ponte romana da Ramallosa. Ao fondo, pola esquerda, vese pasar pola ponte nova o tranvía.

Cando rexurdiu a idea do tranvía ao Val Miñor, os dirixentes de Tranvías Eléctricos reuníronse coas forzas vivas miñorás no Casino de Sabarís. Alí, o mecenas D. Julián Valverde e Pérez pronunciaba a decisiva e lacónica frase “yo pondría cien mil duritos”; que sería o comezo do tranvía ao Miñor. Para esta empresa, D. Joaquín Fontán Ozores tivo que adquirir 2.200 parcelas sen unha soa expropiación. Por fin, o 3 de setembro de 1926 inauguraron o tranvía a Baiona. Posteriormente, concluíuse o de Gondomar.

Publicado en “O Val Miñor na Tarxeta Postal” (1999) de Salvador Fernández de la CIgoña Fraga. Editado pola Deputación de Pontevedra.