Anuncios
Ticker de novas

A Praza do Pescado de Baiona

Unha muller leva unha cesta, seguramente repleta de bo pescado. Outra leva o neno no colo e aos seus pés atópase a súa cesta, ¡que dura debía ser a vida destas pescantinas!. Da praza aínda hoxe se conservan os soportais que vemos pero poucos saben que formaban parte do edificio da antiga lonxa. Hoxe os turistas pasan ao seu carón mirando os mosaicos alusivos ao descubrimento de América e as placas do V Centenario; algunha delas do Rotary Club de Vigo e outras do Concello.

Serie xeral de Hauser y Menet

En 1904 Hauser y Menet introduce na súa serie xeral 19 tarxetas postais de Baiona. Ese ano emitíronse dúas edicións co mesmo reverso, cambiando unicamente a colocación tipográfica do anverso. Esta tirada debeu ser máis ben alta. Como di Carrasco Marqués, destacan polo seu tipismo e cotización as referentes ás escenas populares de mercados sendo estas as máis difíciles de atopar por existir un gran coleccionismo do tema en España.

Publicado en “O Val Miñor na Tarxeta Postal” (1999) de Salvador Fernández de la Cigoña Fraga. Editado pola Deputación de Pontevedra.

Anuncios