Anuncios
Ticker de novas

Paula Bouzós: “Os veciños queren gobernantes que promovan obras non que as paralicen sen razóns”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Paula Bouzós.

“Os veciños de Gondomar queren gobernantes que promovan obras beneficiosas para o seu Concello, non gobernantes irresponsables como os que temos neste concello que paralizan obras sen ningunha razón e por riba lle fan perder cartos a Gondomar”. Con esta afirmación a presidenta do PP de Gondomar, Paula Bouzós, critica a decisión do Goberno Local de Gondomar de bloquear as obras de saneamento tras coñecer a sentencia do xulgado contencioso administrativo de Vigo que lle dá a razón á Xunta e anula a resolución municipal.

Bouzós considera lamentable a actitude irresponsable do Goberno Local de Gondomar e en concreto do concelleiro de Urbanismo, Antonio Araujo, que segundo o xuíz nin sequera tiña competencia para paralizar as obras de saneamento, contradicindo un acordo plenario no que se aprobou o proxecto e prescindindo dunha forma total e absoluta do procedemento legalmente establecido para este tipo de situacións.

A presidenta dos populares considera que os veciños de Gondomar non se merecen un goberno que por capricho paraliza unhas obras, a pesar de ser o propio Concello o promotor das mesmas, perdendo a oportunidade de rematar unha obra de tanta importancia e tan necesaria no municipio no que a Unión Europea xa investira case 900.000 euros, e deixando máis de 1,72 millóns de euros sen executar, senón que ademais é posible que haxa unha descertificación dos fondos europeos e a indemnización que o Concello lle ten que pagar á empresa adxudicataria do contrato se sume a devolución millonaria que o Concello lle terá que devolver a Europa.

“Por culpa da falta de responsabilidade dos que malgobernan Gondomar pérdense as obras e por riba haberá que pagar unha compensación por esta paralización que pode chegar ata os 3 millóns de euros”, lamenta Bouzós.“Nun Concello no que o presupuesto ronda os 7 millóns de euros, non podemos estar xogando cos cartos dos veciños e teñen que darse conta dunha vez, da responsabilidade que supón gobernar”.

Paula Bouzós considera que o alcalde debería dar explicacións por “este descontrol que impera no Concello de Gondomar” e pedir responsabilidades ao concelleiro que paralizou a obra, porque considera que “non se pode actuar de forma tan irresponsable e quedar como se non pasara nada”.

Anuncios