A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, comeza a programación formativa do 2017 cun curso de portugués.
Será unha formación de 80 horas nas que queren espertar o interese por unha lingua e cultura que está moi preto de nós.
É o quinto idioma máis falado e estase a converter nun idioma emerxente a nivel laboral, é moi parecido ao galego debido á nosa proximidade xeográfica, e cada día son máis as demandas por parte de empresas de xente con coñecemento da lingua portuguesa.
Tendo en conta todo isto, a Concellería de Xuventude pon en marcha este curso dirixido prioritariamente a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, do Concello de Gondomar e desempregados, tentando garantir a máxima de que a mocidade do Concello de Gondomar teña un currículo diferenciador.
A preinscrición será do 22 de febreiro ao 15 de marzo e o curso desenvolverase do 20 de marzo ata o 26 de abril en horario de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres.
Máis información na OMIX de Gondomar ou a través do teléfono 986 369 746.

