Anuncios
Ticker de novas

A Policía Local de Nigrán organiza unha xornada de educación viaria para os máis pequenos

FOTO: POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN

A Policía Local de Nigrán organiza unha xornada de educación viaria. Os próximos días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo, instalarase o Parque Infantil de Tráfico no Colexio Humberto Juanes, desde as 10:00 ata as 13:30 horas.

A xornada está dirixida a nenos de entre 6 e 14 anos (excepto karts de 9 a 14 anos), que deberán levar a súa bicicleta e o seu casco para poder participar.

Os interesados poden anotarse ata o 24 de febreiro no teléfono 986 383 929 en horario de 9:00 a 14:00 horas. En caso de choiva trasladarase ao Pavillón do CPI Panxón.

Anuncios