Anuncios
Ticker de novas

A autopsia confirma que Iván Durán se suicidou cunha pistola

A autopsia ao cadáver de Iván Durán, que apareceu morto o sábado nun monte de Baiona, revela que o mozo se suicidou pouco despois da súa desaparición.

Os informes forenses sinalan que o suceso tivo lugar hai varios meses, e pola traxectoria da bala determinan que foi o propio Iván quen se disparou. Tamén apuntan á posibilidade de que ninguén se decatase da presenza do corpo durante os rastrexos, xa que estaba semioculto entre unhas silveiras.

Agora a Garda Civil investiga como chegou a pistola ás mans de Iván. Trátase dunha arma curta, que require unha licenza restritiva, e que nin sequera é común nos arsenais das forzas de seguridade españolas.

Anuncios