Anuncios
Ticker de novas

Achan un cadáver en Baiona e investigan se podería ser o mozo desaparecido en agosto

FOTO: VIGOE.ES

Un sendeirista atopou este sábado pola tarde un cadáver en avanzado estado de descomposición nunha zona de monte do municipio de Baiona.

O corpo foi achado nas proximidades do cuartel da Garda Civil, concretamente pola parte de arriba, no coñecido como barrio da Anunciada.

Debido que o cadáver se atopa en avanzado estado de descomposición, é necesario esperar aos resultados da autopsia para poder coñecer a súa identidade.

A Garda Civil investiga se o corpo atopado podería tratarse de Iván Durán Valverde, o mozo de 30 anos veciño de Baiona e desaparecido desde o pasado mes de agosto.

Anuncios