Anuncios
Ticker de novas

A Real Academia Galega inicia o ano de Carlos Casares en Nigrán

A Real Academia Galega visitará o vindeiro 21 de febreiro o CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán), onde o protagonista do Día das Letras Galegas de 2017 estableceu a súa residencia. Alí presentará a nova edición da Primavera das Letras, proxecto co que fornecerá a comunidade escolar de recursos didácticos para achegar o público máis novo á figura e á obra do escritor.

“Creo que cada vez máis a sociedade galega está facendo súa esta festa, a festa literaria de Galicia, e que o mudo escolar estea presente nela é moi importante porque, entre outras cousas, nel está a perpetuación e a consolidación do noso idioma e da literatura galega”, expresou o presidente da institución, Xesús Alonso Montero, na presentación da programación deseñada por distintas institucións para conmemorar o Ano Carlos Casares.

A Academia celebrará o 17 de maio cunha sesión extraordinaria na vila na que medrou Casares, Xinzo de Limia, e xa en novembro, coordinará un simposio sobre a súa traxectoria vital, literaria e de xestión política e cultural.

Anuncios