Anuncios
Ticker de novas

Espectáculo de danza contemporánea para reivindicar a igualdade de xénero en Nigrán

Concello de Nigrán e Deputación de Pontevedra ofrecen o vindeiro martes 21 de febreiro ás 13.00 horas na Praza do Concello un espectáculo de danza contemporánea no contexto do proxecto “Mulleres en acción: violencia zero 2016-2017”. O obxectivo é reivindicar a igualdade de xénero e concienciar á poboación sobre o problema da violencia machista. A acción que se desenvolverá no Concello de Nigrán é unha actuación de danza a cargo do grupo Permodus coa peza “Nada mais alá”. Á mesma acudirá a presidenta de Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Nigrán, Juan González.

A edición do programa para o ano 2017 recolle 25 accións de arte contemporánea nas súas diferentes modalidades (pintura, música, danza, teatro, poesía, graffiti ou performance) que se están desenvolvendo en concellos da provincia.

Anuncios