Anuncios
Ticker de novas

Cuarta xornada de liga galega de xadrez para o Club Laroca

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Este sábado celébrase a cuarta xornada de liga de xadrez, na que o Club Laroca de Nigrán participa con cinco equipos.

Na primeira división o Laroca A enfrontarase na casa ao Escola Universitaria de Vigo, onde os laroqueiros intentarán sumar os catros puntos en xogo e distanciarse dos postos de descenso.

Na segunda división o Laroca B terá un duro enfrontamento en Mallón contra os actuais líderes da categoría, os vilagarciáns do CXF Mesón derby.

Por outra banda o equipo do Laroca C desprazarase a Tui para enfrontarse ao Chiringo Contos Tui, equipo que ocupa a sexta posición con tan só un punto de vantaxe dos laroqueiros.

Na terceira división o Laroca Mallón enfrontarase na casa ao equipo vigués da EXP-CSCR Beade, onde defenderá a súa actual cuarta posición e intentará asaltar unha das dúas prazas de ascenso, e o equipo do Laroca IES Auga da Laxe defenderá o seu liderado en Mos, onde se enfrontará ao equipo de Mos E.

Anuncios