Anuncios
Ticker de novas

Arranca o entroido en Gondomar coa ruta moteira de A Cento Cien

Este sábado 17 de febreiro comezan as actividades de entroido programadas pola Concellería de Cultura e Deporte de Gondomar que dirixe Nuria Lameiro, coa ruta moteira que se realiza en colaboración co Moto Club A Cento Cien.

Ás 16.30 horas iniciarase a ruta moteira desde a Praza do Concello, percorrendo as principais rúas de Gondomar e continuando o seu percorrido polo Val Miñor. Os participantes están convidados a unha merenda no Restaurante Queimada (A Carrasca).

Premiaranse os disfraces máis orixinais que luzan os moteiros e moteiras nesta xornada, e o mellor será o protagonista do cartel do próximo ano. Haberá tamén premios para os tres mellores disfraces de moteiro ou moteira e tres premios para os disfraces máis orixinais de moto.

Anuncios