Anuncios
Ticker de novas

O Club Eixo Gondomar afronta este fin de semana o seu primeiro campionato nacional

FOTO: CLUB EIXO GONDOMAR

O Club Eixo Gondomar participará este fin de semana no XX Trofeo Latina de Grupos Show, que se celebrará os días 18 e 19 de febreiro no pavillón cuberto do Completo Deportivo Municipal de Aluche en Madrid.

Nove serán as patinadoras que se despracen ao evento, competindo por unha banda cun Cuarteto Promocional e pola outra cun Grupo Pequeno Promocional.

O XX Trofeo Internacional Latina de Grupos Show está organizado polo Club Aluche de Patinaxe Artística, e contará nesta ocasión con máis de 1.000 patinadores e patinadoras pertencentes a 48 clubs de toda España.

Anuncios