Anuncios
Ticker de novas

Nigrán repartirá gratuitamente unha ducia de composteiros entre os veciños que o soliciten

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O Concello de Nigrán, dentro da súa política medioambiental, repartirá de xeito gratuíto unha ducia de composteiros individuais entre os veciños que primeiro o soliciten. O único requisito para obtelo é contar con finca ou xardín e apuntarse no programa de compostaxe doméstica do Concello chamando por teléfono ao 986365000. Ademais, os beneficiarios recibirán un pequeno manual de uso e un mini curso de compostaxe (1 hora de duración aproximadamente) onde se lles explicará como facelo correctamente e se resolverán dúbidas.

Anuncios