Anuncios
Ticker de novas

Gloria Pérez fala en Baiona sobre o medicamento do amor para alcanzar o benestar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Concello de Baiona continúa este venres día 17 de febreiro coa segunda edición do Ciclo de Conferencias de Saúde e Benestar que se celebrarán durante o primeiro semestre de 2017.

Tras a charla inaugural do vigués Javier Akerman, tócalle a quenda á nutricionista Gloria Pérez, que falará sobre “O medicamento do amor para alcanzar o benestar”, na que acompañará aos asistentes a un apaixonante percorrido pola sabedoría ancestral para darlles a coñecer a gran importancia de amar todo o que somos, materia, emocións, mente e espírito, para así cumprir co noso propósito de vida: “vivir sans, felices e cheos de amor”.

Durante a conferencia, que comezará ás 19:30 horas no Auditorio da Casa da Navegación, tamén lembrará a importancia de vivir sen ira, sen preocupacións, honestamente con bondade e gratitude, da man das leis do amor.

As próximas conferencias serán o 17 de marzo (Moisés López, o 21 de abril (María Jesús Alfonso, o 26 de maio (Gerardo Miniño) e o 16 de xuño (Roberto López).

Anuncios