
A ANPA Alborés do CEIP Humberto Juanes de Nigrán organiza este venres 17 de febreiro unha charla baixo o título “Axudar para o éxito escolar. O papel dos pais”, na que se tratarán os temas por que aparecen os problemas de conduta?, a influencia da atención no desenvolvemento, como mellorar habilidades e competencias e hábitos saudables. Impartida pola psicopedagoga María Goméz, comezará ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán.