Anuncios
Ticker de novas

OVALMI prepara unha nova edición da Feira “Portobelo” en Gondomar

O domingo 12 de marzo realizarase no centro de Gondomar a 4ª Feira de Oportunidades do Val Miñor, “Portobelo”, onde os establecementos comerciais ofertarán a prezos moi competitivos un amplísimo abanico de produtos. Os comercios interesados en participar na devandita actividade de dinamización comercial, deberán poñerse en contacto con OVALMI no teléfono 986 366 730 ou no email asociacion@ovalmi.com antes do martes 24 de febreiro.

Anuncios