Anuncios
Ticker de novas

Gondomar encarga a reconstrución do Cruceiro de Mañufe cun custo de 11.000 €

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, supervisou este venres xunto ao conservador-restaurador Gonzalo Buceta o Cruceiro de Mañufe, coñecido como “O lugar do acordo”, para a súa inmediata reconstrución despois de ser derrubado por un turismo o pasado mes de novembro.

Ferreira solicitou á Xunta de Galicia a construción dunha rotonda no cruzamento da estrada PO-340, que une o municipio coa Ramallosa, coa intención de recolocar o antigo cruceiro de pedra na devandita rotonda, pero o ente autonómico rexeitou o proxecto, polo que finalmente quedará no seu emprazamento actual.

“Estamos simplemente á espera de que Patrimonio autorice os traballos para comezar coa reconstrución, que custará ao redor de 11.000 €”, afirmou o alcalde.

Anuncios