Anuncios
Ticker de novas

Gondomar contratará a 20 persoas en paro a través do Plan Concellos

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O goberno municipal de Gondomar contratará este ano dentro do plan de emprego subvencionado pola Deputación de Pontevedra a 20 novos traballadores municipais: dous condutores, un axente de turismo e 17 operarios para vías e obras, en total destinaranse 211.000 € da liña 3 do Plan Concellos da institución provincial.

Con iso o Concello potenciará un plan de emprego para os gondomareños que se atopen como demandantes de emprego na Oficina do INEM, e poder levar a cabo traballos de mantemento e conservación de infraestruturas, sacar un maior rendemento ao parque móbil e poder manter a Oficina de Turismo aberta por máis tempo da época estival como outros anos anteriores, para así potenciar turísticamente o municipio.

Os interesados poden obter máis información no teléfono 986 38 40 20.

Anuncios