Anuncios
Ticker de novas

Catro ouros, dúas pratas e tres bronces para o Club de Loita Sabarís no Campionato Galego

Gran éxito do Club de Loita Sabarís no Campionato Galego sénior e cadete celebrado este sábado no Pavillón do CGDT de Pontevedra.

Diego Otero en 66 kg e Anxo Uzal en 58 kg fixéronse con dous ouros cada un, gañando tanto na modalidade de loita libre como grecorromana. David González e Álvaro Vázquez conseguiron senllas medallas de prata en 42 kg e 50 kg respectivamente, mentres que Cristian Suárez en 76 kg, Pablo Vilar en 85 kg e Mario Méndez en 54 kg levaron medalla de bronce.

Por equipos, o Club de Loita Sabarís proclamouse Campión Galego en loita libre e finalizou segundo en loita grecorromana.

O Campionato Galego é un dos eventos máis importantes do calendario autonómico, sendo esta cita primordial para a clasificación dos deportistas de fronte ao Campionato de España de ambos os grupos de idade. Os mellores deportistas galegos estiveron a representar aos clubs das 4 provincias. Un total de 119 inscritos nas 6 modalidades deportivas postas en liza, para determinar aos mellores loitadores e loitadoras galegos de cada categoría de peso.

Desta competición sairán os equipos galegos que representarán á nosa comunidade no Campionato de España sénior e cadete do próximo 25 de marzo, que se organiza na cidade de Pontevedra.

Antes desta cita nacional, algúns dos deportistas que participaron este sábado, acudirán ao Campionato de España SUB 23, que se celebra o 18 de febreiro en Madrid.

Anuncios