Anuncios
Ticker de novas

Radio Turonio celebra o Día Mundial da Radio cunha programación especial

FOTO: IES TERRA DE TURONIO

O próximo luns 13 de febreiro, con motivo do Día Mundial da Radio, o instituto Terra de Turonio vai realizar unha emisión especial de radio desde os estudios de Radio Turonio. O instituto participa nas actividades promovidas por Ponte…nas ondas! desde hai anos e a radio escolar constitúe un recurso educativo que se coordina desde o Equipo de Normalización Lingüística.

O Día Mundial da Radio foi proclamado pola UNESCO no ano 2011 e este ano ten como lema “A radio es ti!” (www.diamundialradio.org).

A programación especial comezará ás 10.00 horas e rematará ás 18.30 horas coincidindo co horario lectivo do centro e poderá ser seguida por Internet a través da súa Web: www.edu.xunta.gal/centros/iesterradeturonio.

Toda a programación está realizada polo alumnado e o profesorado do centro contando coa colaboración de persoas e institucións da comarca.

Agardan que o resultado sexa satisfactorio. En calquera caso, o desafío merece a pena e o exemplo pode ser gratificante para toda a comunidade educativa do instituto.

PROGRAMACIÓN DO 13 DE FEBREIRO – DÍA MUNDIAL DA RADIO 2107

10.00-10.05 – Presentación da xornada especial de Radio Turonio. Alumnado 1ºB.
10.05-10.40 – Entrevista en directo co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. Inauguración do portal Web “ESCOLAS NAS ONDAS “. Alumnado de 4º B.
10.40-11.15 – CANTARES DO BRIÓN. Entrevista a un alumno membro deste coro tradicional. Alumnado de 4º.
11.15-11-30 – A ECOAULA, un modelo de aula sostible. Alumnado de 4º.
11.30-11.45 – A FAMILIA TERRIBLE. Entrevista a dous compoñentes do grupo de música tradicional Os Terribles de Donas. Alumnado de 3º.
11.45-12.00 – UN TEXANO EN TURONIO. Entrevista ao lector de inglés, Peter, de Texas.
12.00-12.15 – ALÓ CANADÁ. Conexión por videoconferencia co ex-alumno Anxo Iglesias desde Canadá. Alumnado de 3º.
12.15-12.45 – DELETREANDO. Entrevista coa escritora e profesora da Universidade de Vigo, Rexina Veja. Alumnado de 4º.
12.45—13.00 – NO PUNTO DE MIRA. Programa do alumnado de 1ºA.
13.00-13.15 – TEATRO RADIOFÓNICO. Teatro radiofónico en inglés. Alumnado de 3º.
13.45-13.45 – DÚO AMEVA. Entrevista co ex-alumno Diego Bea, membro do dúo musical AMEVA. Alumnado de 3º.
13.45-14.00 – CAFÉ IRLANDÉS. Entrevista á familia Hamilton de orixe irlandesa. Alumnado de 1º C.
14.00-14.30 – O LEO. Entrevista co cantautor e ex-profesor do centro Leo i Arremecághona. Alumnado de 3ºA.
14.30-15.30 – Programas especiais elaborados en Radio Turonio.
15.30-16.00 – Concurso telefónico QUEN CANTA? Alumnado de 1º.
Chamadas en directo ao teléfono: 639 294 251.
16.00-16.30 – Concurso telefónico ONDE ESTÁ O PREMIO? Alumnado de 3º.
Chamadas en directo ao teléfono: 639 294 251.
16.30-17.00 – O MEU CABALO. Programa sobre os cabalos do alumnado do instituto. Alumnado de 3º e 4º.
17.00-17.30 – FILL@S DO GALIÑEIRO. Programa do Ciclo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural.
17.30-17.45 – CARLOS CASARES. Letras Galegas 2017. Programa do alumnado de PEMAR.
18.00-18.15 – Despedida da programación especial do DÍA MUNDIAL DA RADIO. Alumnado de 1º.

Anuncios