Anuncios
Ticker de novas

O PP acusa o goberno local de maltratar ás actividades e clubs que utilizan o Pavillón de Panxón

O Grupo Popular de Nigrán recrimina a actitude do goberno local, que actuou de forma totalmente improvisada e descoordinada á hora de trasladar as actividades deportivas que se realizaban no Pavillón Municipal de Panxón, con motivo das obras.

Para os populares, o único que ao alcalde preocupoulle neste asunto foi realizar unhas declaracións absurdas e falsas nas que se atribuía a si mesmo a posta en marcha dunhas obras de remodelación e mellora do pavillón tras 40 anos sen que ninguén o fixese. Neste sentido hai que lembrarlle ao alcalde, que estas obras poden facerse grazas a que a xestión do goberno popular ha xerado 4 millóns de euros de remanente de tesourería e que xa no seu día o mesmo goberno popular decidiu destinar parte dese remanente a esta actuación, “que si compartimos é fundamental e necesaria”, sinala Alberto Valverde.

“Mentres que a este alcalde só lle correspondía coordinar a posta en marcha das obras cos clubs e coas actividades, a despreocupación, o deixamento e a desorganización do goberno socialista ha levado a que ata o último momento as obras estivesen en perigo, xa que deberían iniciarse antes do fin do ano 2016, pola contra perderíase esta partida do remanente para realizar esta actuación, e que nestes momentos o caos e prexuízo provocado a pais e nais dos nenos e nenas que están nas actividades e aos clubs que usan o pavillón municipal sexa enorme”, engade o portavoz popular.

O Grupo Popular de Nigrán (GPdN) asegura que desde o inicio do actual mandato, o PSOE eliminou horas destas actividades prexudicando seriamente ás mesmas, e agora actúa “desaloxándoas” do Pavillón de Deportes do mesmo xeito que aos clubs que utilizan a instalación municipal coa escusa das obras sen ningún tipo de organización nin pre-aviso.

O GPdN asegura que nestes momentos está a prexudicarse seriamente a actividade deportiva do municipio porque o goberno socialista actúa con total improvisación e de forma ditatorial sen buscar a coordinación e solucións cos clubs que usan o pavillón, e obriga a “mendigar” aos nenos e nenas por distintos colexios cando nas condicións de inscrición nas mesmas en ningún momento advertíase da posibilidade de iniciarse as obras e de poder ter que cambiar o lugar de realización das distintas actividades, a pesar de que xa debería estar previsto xa que as obras debían iniciarse antes de fin do 2016.

O portavoz popular, Alberto Valverde, critica que o goberno socialista e o seu alcalde néguense a facilitar datos de cantos inscritos están nestes momentos nas actividades municipais deportivas nun alarde de falta de transparencia absoluta a pesar de solicitar esta información hai meses sen obter resposta, pero asegura que esta desastrosa xestión da actividade deportiva supuxo un descenso brutal de nenos e nenas que participan nas mesmas, pasando de anos anteriores duns 800 nenos e nenas á metade na actualidade segundo as estimacións do grupo municipal popular.

Anuncios