Anuncios
Ticker de novas

Xornada sobre os refuxiados en Baiona

Máis de 4 millóns de persoas foron desprazadas dos seus fogares, debido á guerra civil en Siria, desatando unha grave crise humanitaria, equivalente a 70 veces a poboación do Val Miñor, sen fogar, sen comida, sen auga, sen abrigo…

Este xoves día 9 de febreiro, Axuda Directa aos Refuxiados en Grecia, a Casa Colorida e La Micro organizan unha xornada para debater, organizarse e activar a axuda mutua cidadá ante o abandono por parte dos gobernos.

O acto, que comezará ás 20:00 horas na Micro Baiona (Praza de Abastos), incluirá a proxección do documental “Refuxiados, camino a ninguna parte”, a presentación do proxecto “Axuda Directa ós Refuxiados en Grecia”, e unha roda de conversas con Ana Mirou e Óscar García, coordinadores do proxecto “Axuda Directa ós Refuxiados en Grecia”.

Anuncios