Anuncios
Ticker de novas

O PP de Gondomar organiza unha charla informativa sobre o transporte metropolitano

O PP de Gondomar, encabezado pola súa presidenta, Paula Bouzós, organiza unha charla informativa sobre o Transporte Metropolitano na que van participar o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López Chaves, e o deputado autonómico, Alberto Pazos. Será este xoves 9 de febreiro, ás 20:00 horas no Centro Neural de Gondomar.

Están invitados todos os veciños de Gondomar que desexen asistir, así como asociacións, empresarios, comerciantes ou ANPAS.

Anuncios