Anuncios
Ticker de novas

O Liceo Marítimo de Baiona e Foto VS organizan o I Concurso de Fotografía

O Liceo Marítimo de Baiona e Foto VS organizan o I Concurso de Fotografía de inverno, co obxectivo de animar a todo aquel que se senta con dotes creativos e aptitudes fotográficas a capturar imaxes para concienciar e sensibilizar sobre a contorna inigualable que nos rodea e a necesidade de coidala, protexela e conservala.

As bases estarán a disposición dos concursantes no Liceo Marítimo de Baiona e en Foto V.S. (R/ Marqués de Quintanar 25, 36.300 Baiona).

A temática do certame vira ao redor das paisaxes tanto rurais, como urbanas do Val Miñor desde un punto de vista positivo, imaxinativo ou humorístico. Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos e poderanse presentar un máximo de tres fotografas por persoa.

O prazo de presentación de fotografías é ata o día 10 de marzo ás 13:00 horas en Foto VS. Unha vez finalizado o prazo de presentación de fotografías o Xurado seleccionará as tres mellores segundo os criterios de calidade técnico-artística e a condición de que se axustaron á temática desta edición. As obras seleccionadas serán premiadas economicamente sendo unha gañadora (100 euros) e as outras dous finalistas (75 e 50 euros respectivamente).

As 25 mellores fotografías elixidas polo Xurado formarán parte dunha exposición no Liceo Marítimo de Baiona do 20 de marzo ao 9 de abril.

Anuncios