Anuncios
Ticker de novas

A Mancomunidade invita aos maiores de todo o Val Miñor a un xantar por San Valentín

A Mancomunidade do Val Miñor mantén aberto ata o próximo venres, 10 de febreiro, o prazo para inscribirse no Xantar de San Valentín que se celebrará o día 14 na Residencia de Tempo Libre (Panxón) da Xunta de Galicia.

Na proposta de actividades do Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor”, posto en marcha cunha achega de 179.134,20 euros (97.150,20 euros para os gastos salariais dos alumnos) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, están as datas sinaladas nas que o alumnado debe facer unha preparación adaptada á peculiaridade do día elixido.

Nesta edición a primeira data será a de San Valentín, na que os alumnos prepararán un xantar e un cóctel de benvida para as persoas maiores dos concellos do Val Miñor (máximo de 20 persoas por municipio).

A actividade é gratuíta e todas as persoas que queiran participar deben inscribirse nos departamentos de servizos sociais de cada Concello. Os veciños de Baiona poden inscribirse no teléfono 986 385 926, no caso de Gondomar no número 986 360 168 e no caso de Nigrán a través do 986 365 000.

Anuncios