Anuncios
Ticker de novas

O goberno de Nigrán vai a tramitar unha modificación das novas normas subsidiarias

Nigrán Decide tivo coñecemento, a través da revisión dos decretos da alcaldía aprobados no mes de decembro, de que o día 28 de dito mes se adxudicou un contrato menor para a redacción dun documento inicial estratéxico. Tal documento só pode formar parte da solicitude dunha avaliación ambiental estratéxica simplificada, necesaria para as modificacións de planeamentos urbanísticos. “Se o goberno municipal aínda está nesta fase para realizar unha modificación das normas subsidiarias, que é o planeamento vixente en Nigrán, é que previsiblemente tardará varios meses en aprobarse definitivamente, isto lévanos a pensar que non se vai aprobar provisionalmente o PXOM este ano”, afirma José Cuevas, voceiro de Nigrán Decide, para rematar sinalando que “non tería sentido modificar as normas subsidiarias se se fose aprobar o PXOM este ano”.

Nigrán Decide lamenta a falta de información respecto ao PXOM, cuestión que, e aquí coinciden co alcalde, non é preocupación só do goberno senón de toda a corporación e a veciñanza. Por isto piden unha reunión da xunta de voceiros, ademais de solicitar que se convoque o Consello Sectorial, para informar da situación real da tramitación do PXOM, tanto aos grupos municipais como aos colectivos veciñais e sociais.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.