
A Deputación de Pontevedra destina este ano ao Concello de Gondomar a cantidade de 940.746,04€. Dos que como mínimo hai que destinar 592.669 a investimentos.
A principios de xaneiro a Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar meteu por rexistro do Concello unha proposta de actuacións a levar a cabo nas parroquias.
O Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto presentou no Pleno Ordinario de febreiro, celebrado o pasado xoves, unha Moción sobre a Participación Cidadá no Plan Concellos 2017. Obras nas Parroquias.
O acordo proposto ao Pleno era:
O Goberno Municipal de Gondomar consensuará coa Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar, e con aquelas outras entidades veciñais que presenten propostas, un Plan de actuación de Obras e Servizos nas parroquias.
Este Plan de actuación de Obras e Servizos nas parroquias financiarase con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra.
O Sr. Alcalde dará conta a este Pleno das xestións realizadas ao efecto e traerá a este Pleno o Plan de Obras e Servizos nas parroquias para o seu coñecemento.
A Moción foi rexeitada cos votos en contra do PSOE e Manifesto Miñor, xa que na opinión do bipartito suporía unha intromisión ilexítima da súa acción de goberno. O PP abstívose. IxG votou a prol. Resultado, 6 votos a prol, 7 en contra, 4 abstencións.
“Este é o fomento da participación veciñal da que tanto falou o goberno municipal. Patético e bochornoso. Seguimos instalados no sistema clientelar do poder”, afirma Pauliño del Río, Voceiro do Grupo Municipal de CABE.
Be the first to comment