Anuncios
Ticker de novas

O PP de Nigrán denuncia o lamentable estado da Rúa Ceán

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Alberto Valverde, manifestou no día de hoxe o malestar que existe entre os veciños polo estado actual da Rúa Ceán. O GPdN denuncia o lamentable estado no que está esta rúa, moi transitada de Nigrán, e que o goberno municipal socialista converteu nun auténtico “campo de minas” e nunha moi incómoda e insegura para circular.

Para o Grupo Municipal Popular, o goberno socialista realizou unha serie de actuacións na Rúa Ceán que a empeoraron considerablemente e que incrementaron a súa inseguridade. A instalación de dous badéns totalmente irregulares, que superan os 10 cms. de altura, a inexistencia absoluta de mantemento do asfalto, que se atopa totalmente esnaquizado, con arquetas de saneamento que ao paso dos vehículos fan ruído, o pintado dunha praza de aparcadoiro para persoas de mobilidade reducida nunha curva, “son aspectos dos que son responsables o goberno actual que converteron esta rúa nun auténtico encordio para a súa circulación, a pesar de ser unha rúa cun paso de vehículos moi importante, e nunha rúa insegura para a circulación viaria. En definitiva, un auténtico despropósito e un monumento á inseguridade viaria”, sinala Valverde.

Desde o Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local que tome medidas no asunto e rectifique a súa equivocada actuación reducindo as dimensións dos badéns, modifique a praza de aparcadoiro para persoas de mobilidade reducida e sitúea noutro lugar, e que proceda ao asfaltado completo desta rúa para que a devolva a unha situación adecuada que aumente a súa seguridade tanto para peóns como para os vehículos que transitan por ela.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.