Sin categoría

O CEIP Carlos Casares alberga a exposición «O Principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares»

O CEIP Carlos Casares de Vilariño ten moito que celebrar este ano, xa que as Letras Galegas 2017 están dedicadas ao autor que lle dá nome. Do 1 ao 24 de febreiro o centro albergará a exposición «O Principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares».

A Fundación Carlos Casares achega nesta exposición unha recompilación de obxectos e manuscritos do autor, relacionados co seu afán coleccionista e a paixón que sentía pola obra «O Principiño» de Saint-Exupéry. Obra que el mesmo traduciu ao galego no 1972.

Trátase dunha exposición didáctica para público miúdo e adulto. Recolle máis de 100 edicións do libro de Saint- Exupéry, en máis de 60 idiomas e dialectos do mundo… Os paneis céntranse na biografía do autor, nunha descrición e análise da novela, da experiencia vital de Carlos Casares e da súa obra infantil.

Dita exposición estará aberta ás familias, aos centros educativos do Val Miñor e ao público en xeral, todos os días da semana (excepto o martes 21 de febreiro) de 12:45 a 13:00 horas, e os martes á tarde de 17:15 a 18:15.

Os centros que desexen visitar a exposición en horario lectivo co alumnado, poden poñerse en contacto co CEIP Carlos Casares para concertar a visita.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.