Anuncios
Ticker de novas

Baiona organiza obradoiros de apoio educativo para pais e profesores

O Concello de Baiona organiza un ciclo de obradoiros prácticos sobre necesidades específicas de apoio educativo, destinado principalmente a familias e a profesionais do eido da educación.

O ciclo consta de tres charlas e a primeira celebrarase o próximo martes, 7 de febreiro, cun obradoiro sobre “Dificultades de aprendizaxe da lectura e a escritura: Dislexia e Discalculia”. A segunda será o 21 de febreiro e versará sobre “Trastorno de Atención e Hiperactividade. Que é? Como se trata?”. E por último, o 7 de marzo, se pecharán as charlas co tema “Trastorno do Espectro Autista (TEA)”.

Esta actividade celebrarase no Auditorio da Casa da Navegación de Baiona (19:00 horas), sendo a asistencia totalmente gratuíta. Ao tratarse de prazas limitadas é necesario realizar inscrición previa no teléfono 986 385 925.

“Pretendemos achegar información profesional, técnicas e pautas de actuación ás familias que teñen algún membro con algunha necesidade deste tipo, ao mesmo tempo que visibilizar as necesidades de apoio educativo que existen actualmente en Baiona, pretendendo ser ademais un punto de encontro entre familias e profesionais”, apunta a concelleira de Educación, Beatriz González.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.