As ondas alcanzaron os 17 metros de altura en Baiona

FOTO: VIGOE.ES

O Paseo Pinzón de Baiona permanece este venres pechado por precaución ante a continuidade da alerta vermella por temporal costeiro. E é que no día de onte as ondas alcanzaron na Real Vila os 17 metros de altura, chegando a invadir o paseo e provocando o corte ao tráfico da PO-552.

A Policía Local valou toda a zona para evitar que os moitos curiosos que se achegan demasiado á costa para ver leste “espectáculo” da natureza e habitualmente inmortalizalo en fotos ou vídeos, non poñan en risco a súa integridade, e en ocasións, a de menores de idade.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.