A forte ondada esnaquiza por completo o paseo de madeira da praia de Prado

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

A forte ondada arrastrou por completo esta noite co paseo de madeira da praia de Prado, na parroquia de Priegue. Ata o lugar se achegaron esta mañá o alcalde e técnicos municipais do Concello de Nigrán, que xa deron parte da desfeita á Dirección Xeral de Costas, que á súa vez desprazou inspectores para valorar os danos e, entre as dúas administracións, buscar unha solución de cara á tempada estival. O paseo, duns 20 metros, bordeaba o areal e daba acceso ao mesmo (igualmente, permanece intacto o acceso mediante unha ampla rampla de formigón ou tamén por escaleira).

O persoal ao completo de Vías e Obras do Concello traballou durante toda a mañá retirando árbores caídos en diferentes estradas e camiños, fundamentalmente nas parroquias interiores de Camos e Parada (nesta última veu abaixo un pequeno muro nun acceso a un camiño). Ademais, dúas árbores obstaculizaban a zona de aparcamento de autobuses do IES Val Miñor, fóra do recinto escolar. Os operarios tiveron que retirar múltiples sinais derribadas polo vento, colectores… Ademais, desatascaron cunetas e regatos co fin de evitar inundacións ante a previsión de máis choiva.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.