Anuncios
Ticker de novas

O 112 Galicia rexistrou esta noite 65 incidencias relacionadas co temporal

O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia xestionou entre as 00,00 horas e as 7 horas desta mañá un total de 65 incidencias relacionadas co temporal que está a afectar a nosa Comunidade e un total de 673 chamadas.

Así se desprende dun informe do centro de emerxencias galego, no que se explica que a maioría destas incidencias estiveron relacionadas con caídas de árbores e pólas en estradas; caída de carteis e pancartas; postes de luz, cables, terra e pedras en estradas. Os concellos con maior número de incidencias foron Vigo, Lalín, Ribadeo e Tordoia

Incidencias nas estradas galegas

Ata o momento, as incidencias xurdidas na rede autónomica de estradas, foron 9 avisos por caída de árbores ou ramas nas estradas AC-564 (p.k. 3+050), AC-840 (p.k. 32+100), LU-133 (p.k. 0+900), PO-255 (p.k. 14), PO-331 (p.k 4+450), PO-400 (p.k. 5+400), PO-533 (p.k. 5+200), PO-551 (p.k. 30+000) e VG 4.4 (Variante de Marín, p.k. 9+700), todas elas solucionadas e sen afección actual ao tráfico, salvo a da AC-840, na que non hai restrición de tráfico pero se debe circular con precaución no p.k. 32+100.
Ademais dunha caída de poste eléctrico na AC-542 (p.k. 10+200), que xa foi retirado e un desprendemento de desmonte na PO-313 (p.k. 10+400), xa resolto e sen afección ao tráfico

Desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org ), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.